En VilalbaDixital.net      En google.es       
Mércores, 14 de maio, 2008

Que é VilalbaDixital.net?

VilalbaDixital.net é unha iniciativa de Vilas Dixitais, un proxecto para o desenvolvemento da sociedade da información nos concellos das Pontes de García Rodríguez e Vilalba.

Portais informativos

O programa Vilas Dixitais contempla a creación de dous portais informativos: AsPontes.net e VilalbaDixital.net. Estes consitúen un novo espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de internet, os cidadáns e as súas asociacións dispoñen de contidos do seu interese, que eles mesmos poden actualizar.

AsPontes.net e VilalbaDixital.net nacen co obxectivo de constituír unha rede cidadá, enriquecendo os vencellos veciñais por medio de ferramentas –chat, taboleiro de anuncios, foros, correo...- para o lecer e a interrelación. Os portais cidadáns favorecen o acceso a unha información útil –emprego, vivenda, trámites...- destinada a mellorar economicamente as condicións de vida e o benestar social comunitario nas zonas rurais. Ao tempo, ofrecen espazos dirixidos a recuperar, compilar e compartir a tradición e o pasado histórico dos municipios, contados en primeira persoa.

Tecnoloxías de vangarda para o rural

As zonas rurais atopan dificultades para acceder a internet, ao non dispor de banda ancha. Para solventar esta carencia Vilas Dixitais pon en marcha unha proposta pioneira a través de satélites, que incorpora as tecnoloxías máis avanzadas para garantir a accesibilidade.

Grazas a esta base tecnolóxica, e á implicación do tecido asociativo das Pontes e Vilalba, creáronse corenta telecentros nas parroquias destes dous concellos. Situados en gran parte en antigas escolas rurais, dispoñen de modernos equipos informáticos de acceso gratuíto para os cidadáns.

Formación dixital ao alcance de todos

A posta en marcha dos telecentros non sería viable sen unha oferta de formación previa. Vilas Dixitais deseñou un completo programa de alfabetización dixital dos cidadáns, adaptado a diversos perfís de usuarios. Esta experiencia formativa posibilita que sexan os propios cidadáns de As Pontes e Vilalba os encargados de xestionar os telecentros, que seguirán acollendo novos cursos e xornadas de demostración.

Vilas Dixitais intégrase no programa Ciudades Digitales do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
 

Fai de vilalbadixital.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>