En VilalbaDixital.net      En google.es       
Domingo, 20 de xullo, 2008

A carta de presentación

A carta de presentación pode pode entregarse xunto co currículo. Serve para expoñer os motivos polos que o candidato desexa optar ao posto de traballo ofertado. Ademais pode supoñer unha vantaxe adicional, chamando a atención da persoa engargada de realizar a selección. Deste xeito é posible que lle preste unha maior atención ao currículo e concerte unha entrevista co solicitante.

A carta de presentación debe axeitarse en todo caso ao posto de traballo ofertado. Cómpre atender especialmente á súa redacción e extensión, que non debe exceder dun folio. A carta, que estará mecanografada –a non ser que a oferta indique o contrario- non se presentará grampada ao currículo.

Existen dous tipos básicos de carta de presentación:

  • Carta en resposta a un anuncio: O envío da carta e do currículo responde a unha oferta de emprego publicada pola empresa.
  • Carta de autocandidatura: Emprégase nos casos nos que o aspirante decide enviar directamente o seu currículo a unha empresa na que lle gustaría traballar, aínda que esta non publicara unha oferta concreta.

Modelos de cartas


Se o desexas podes descargar ao teu computador estes modelos de carta en resposta a un anuncio e carta de autocandidatura.

Os consellos para a redacción da carta de presentación, así como os modelos descargables, están baseados nos ofrecidos polo portal GaliciaEmpleo.net e o Concello da Coruña.

<< Voltar á páxina de emprego
 

Fai de vilalbadixital.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>