En VilalbaDixital.net      En google.es       
Mércores, 14 de maio, 2008

Conectividade

Malia os condicionantes xeográficos e ao feito de contar hoxe en día con numerosas liñas de telefonía TRAC, que imposibilitan o acceso a
internet, e á espera de acadar o servizo universal, todas as parroquias das Pontes contan cando menos cun punto de conexión a internet. Esta é a situación actual respecto ás opcións de conectividade ao longo do concello:

Puntos públicos de conexión a internet

  • Biblioteca municipal, que conta cunha aula de informática composta por oito equipos e que, á vez, está integrada no programa Internet nas bibliotecas, con tres terminais máis de conexión á rede inarámica.
    Horario: de luns a venres -agás festivos-, de 16:00 a 20:00 horas. Xullo e agosto, de 10:00 a 14:00 horas.
  • 25 telecentros Vilas Dixitais, con dous computadores cada un. Cubren
    as parroquias do concello mediante conexión vía satélite.
Actualmente numerosas compañías ofrecen o acceso a Internet a través do servizo de ADSL no casco urbano de Vilalba e nas parroquias limítrofes, cubrindo aproximadamente o 60% da poboación.

Respecto aos puntos de conexión a internet de iniciativa privada, en
Vilalba atópanse o Ciber Cafetería A Pravia, situado na Praza Basanta Olano, 8 baixo, e o Ciber Alnaza.
 

Fai de vilalbadixital.net a túa páxina de inicio

Usuario
Contrasinal
Queres rexistrarte? >>